Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (111/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 111/10 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio García Pérez, contra a empresa Manuel Malde López, C.B., Óscar Malde Pardo de Andrade, Myrian Telleria González, Manuel Malde y Cías, S.R.C., sobre cantidade, se ditou a seguinte cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, considerando integramente a demanda interposta por Antonio García Pérez, contra Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Myrian Telleira González e Manuel Malde y Cías, S.R.C., debo condenar e condeno os demandados a aboarlle solidariamente ao demandante, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa, a suma de cinco mil cincocentos vinte e tres euros con trinta e seis céntimos (5.523,36 €) en concepto de salarios, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Antonio García Pérez, contra a empresa Manuel Malde López, C.B., Óscar Malde Pardo de Andrade, Myrian Telleria González, Manuel Malde y Cías, S.R.C., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial