Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 151/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Iglesias Becerra sobre ordinario, se ditou o seguinte auto, con data do 19.11.2012, cuxa parte dispositiva di literalmente:

Que rectifico o erro de transcrición que conteñen os feitos probados segundo e cuarto, os cales deben quedar redactados da seguinte maneira:

Segundo. Isabel Iglesias Becerra vén prestando os seus servizos por conta das mercantís Grial Libros, S.L. e de Grace A. Nouel Brache desde o día 10.12.2003, coa categoría profesional de dependente e con dereito a percibir un salario mensual, incluído o rateo de pagas extras, de 1.251,09 euros.

Cuarto. O grupo de empresas formado por Grial Libros, S.L. e Grace A. Nouel Brache débelle á demandante a cantidade de 16.751,85 euros, de conformidade co seguinte detalle: 9.662,34 euros de salarios e 7.089,51 euros de indemnización.

Que rectifico o erro de transcrición que contén a parte dispositiva da sentenza, a cal debe quedar redactada da seguinte maneira:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Isabel Iglesias Becerra fronte a Grialibros, S.L., Nouel Brache, Grace A., Aula 25 Distribuidora, Abraxas Aula 25, S.L., Aula 25, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Germán Antonio Pérez Rubín e, en consecuencia, condeno a mercantil Grialibros, S.L. e a Nouel Brache, Grace A. a aboar conxunta e solidariamente á demandante a cantidade de 16.751,85 euros polos conceptos de salarios (9.662,34 euros) e indemnización pendente (7.089,51 euros), absolvendo o resto de demandados das pretensións deducidas contra eles, condenando a Germán Antonio Pérez Rubín na súa soa condición de administrador concursal.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grace A. Nouelle Brache, Comercial Ara, S.A. e Sálvora Areito, S.A., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial