Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso de extinción de contrato e medida cautelar anexa seguido por instancia de Victoria Martínez Lago contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L., San Rent, S.L. e Fogasa, rexistrado co nº 132/2013 (peza de medida cautelar 132/2013/0001) se acordou citar a Mixed Center, S.L. en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 20 de marzo de 2013 ás 11.05 horas para a realización da comparecencia sobre adopción da medida cautelar de exoneración da prestación de servizos e ás 11.10 horas e 11.15 horas para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo en relación co procedemento de extinción contractual; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión dela, así como copia da dilixencia de ordenación que acorda a convocatoria de comparecencia para resolver sobre a adopción da medida cautelar solicitada.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Millarent, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial