Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se somete a información pública a solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello de Ares.

Advertido erro no contido deste anuncio, publicado no DOG núm. 47, do 7 de marzo de 2013, páxina 6942, cómpre facer a seguinte corrección:

Onde di: «PRAW (potencia radiada aparente total máxima en vatios, suma das potencias radiadas máximas en cada plano de polarización): 0,025», debe dicir: «PRAkW (potencia radiada aparente total máxima en quilovatios, suma das potencias radiadas máximas en cada plano de polarización): 0,050».