Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-54/13 e outro.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega o acordo de iniciación recaído nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1.d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles, desde a publicación, para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. Habana, nº 79 -2º, Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 5 de marzo de 2013

Luis Menor Pérez
Xefe territorial accidental de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-54/13.

CIF: 78873705N.

Denunciado: José Fernando Álvarez Rodríguez.

Enderezo: r/ Muralla, nº 19, baixo, Verín (Ourense).

Establecemento: Gallaecia; r/ Muralla, nº 19, baixo, Verín (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-58/13.

CIF: 76714116P.

Denunciado: Manuel González López.

Enderezo: r/ Perfectino Viéitez, nº 7-B, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: O Curruncho; r/ Perfectino Viéitez, nº 7, B, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.