Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013, da Secretaría Territorial de Ourense, pola que se notifica o trámite de vista dun expediente disciplinario.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, toda vez que, intentada a notificación á interesada dúas veces, esta non se puido practicar, notifícase por esta vía o trámite de vista do seguinte expediente:

Expediente: disciplinario.

Interesada: María Celia González Vázquez.

DNI: 33860964-L.

Data do acordo de trámite de vista: 15 de marzo de 2013.

Notifícaselle á interesada, ao abeiro do disposto no artigo 26.2 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 157/2004, do 7 de xullo, e comunícaselle que dispón dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para alegar o que considere pertinente para a súa defensa e presentar os documentos que considere de interese.

Ourense, 18 de marzo de 2013

Luís Menor Pérez
Secretario territorial de Ourense