Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Alcoa Inespal, S.A. para a planta de aluminio localizada no termo municipal da Coruña (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-104).

O 5 de maio de 2008 outorgouse a Alcoa Inespal, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2005/0272_NAA/IPPC_169 para a planta de aluminio localizada no termo municipal da Coruña, da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular, que se efectuou o 19 de maio de 2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

– Solicitude de renovación da autorización ambiental integrada. Alcoa Inespal, S.A. Fábrica da Coruña. Clave: 2005/0272_NAA/IPPC. Clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-104.

– Memoria do proceso de refusión de ferrallas dentro do departamento de Fundición de Alcoa Inespal, S.A., A Coruña. Febreiro 2008.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xefatura Territorial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2,15008 A Coruña).

– Concello da Coruña (praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña).

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental