Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores PES-PO-0008/2013 e PES-PO-0057/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial e o instrutor, respectivamente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PES-PO-0008/2013.

Interesado: Ignacio Borja Torres.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: PES-PO-0057/2012.

Interesado: El Gad Essafi Abdel Ilah.

Acto notificado: proposta de resolución.