Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8328

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (650/2012).

Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 650/2012-F, deste xulgado do social, seguidos por instancia de Cristian Mejías Sánchez contra a empresa Rosas y Grelos, S.L., e outras, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

A Coruña, 25 de febreiro de 2013.

Feitos.

Primeiro. En data do 5 de febreiro de 2013 ditouse sentenza nos presentes autos, co seguinte teor literal na súa resolución:

«Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Cristian Mejías Sánchez, que comparece asistido da letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Hotelera del Noroeste, S.A., que comparece representada pola letrada Sra. López-Novoa Ces, contra a empresa Rosas y Grelos, S.L., que non comparece pese a estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, declarando a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vincula as partes e con condena da empresa a aboar ao Sr. Mejías a cantidade de 501,69 euros en concepto de indemnización.

Segundo. Que dada a desistencia da demanda formulada fronte a Hotelera del Noroeste, S.A. ningún pronunciamento en relación co fondo do asunto cabe contra ela».

Segundo. Que unha vez notificada a sentenza referida se presentou escrito con data do 20.2.2013 pola representación letrada de Cristian Mejías Sánchez, solicitando que se aclara a sentenza no sentido de precisar que a relación laboral se declara extinguida na data da notificación da sentenza e que a resolución condena tamén a Hotelera del Noroeste, S.A. cando a demandante desistira da demanda contra a dita empresa.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da LOPX, e en idéntico sentido os artigos 214 e 215 da LAC regulan o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros meramente materiais sobre puntos, discutidos no litixio, pero sen, en ningún caso, consentir que por tal vía poida ser rectificado o que deriva dos fundamentos xurídicos e sentido da resolución ou se subvertan as conclusións probatorias previamente mantidas, salvo que excepcionalmente o erro material consista en, «nun mero desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e o ditame da resolución xudicial», é dicir, cando sexa evidente que o órgano xudicial «simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo á resolución».

Así mesmo, establece o artigo 267.3 da LOPX:

«3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento».

Na súa consideración, tendo en conta, que pode que non quedasen claros na resolución da sentenza referida os aspectos mencionados pola parte demandante no seu escrito de aclaración, procede aclarar a resolución no sentido solicitado.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Que debe aclararse a resolución da sentenza de data do 5 de febreiro de 2013 ditada nos presentes autos, quedando do seguinte teor literal:

«Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Cristian Mejías Sánchez, que comparece asistido da letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Hotelera del Noroeste, S.A., que comparece representada pola letrada Sra. López-Novoa Ces, contra a empresa Rosas y Grelos, S.L., que non comparece pese a estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, declarando a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral con efectos de data da presente sentenza (5.2.2013) que vincula as partes e con condena da empresa Rosas y Grelos, S.L. a aboar ao Sr. Mejías a cantidade de 501,69 euros en concepto de indemnización.

Segundo. Que dada a desistencia da demanda formulada fronte a Hotelera del Noroeste, S.A. ningún pronunciamento en relación co fondo do asunto cabe contra ela».

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e artigo 267.7 da LOPX.

Así, por este auto, pronúnciao, mándao e asínao, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rosas y Grelos, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta notificación para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de febreiro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial