Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (652/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 5.2.2013, no proceso seguido por instancia de José Ramón Pardo Barros contra a empresa Galnor, S.L., a administración concursal de Galnor, S.L. e o Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrouse co nº 652/2012 e acordouse notificar á empresa Galnor, S.L. e á administración concursal de Galnor, S.L. o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Ramón Pardo Barros, que comparece asistido do letrado Sr. Novo Prego, contra a empresa Galnor, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, o administrador concursal de Galnor, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vincula as partes, con condena da empresa indicada a que aboe o Sr. Pardo a cantidade de 45.363,49 euros en concepto de indemnización».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Galnor, S.L. e á administración concursal de Galnor, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial