Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 786/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 786/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Brandon Mejuto e Lorena Pérez Vieites contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Lorena Pérez Vieites e Santiago Brandon Mejuto contra a entidade Rehabilitaciones Hércules, S.A., e a súa Administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Rehabilitaciones Hércules, S.A. a que lle aboe aos demandantes as seguintes cantidades:

– A Lorena Pérez Vieites a cantidade de 10.661,78 € brutos, 8.899,46 € líquidos, polos salarios devindicados nos meses de decembro de 2011 (paga extra) e abril de 2012, a liquidación da relación laboral e falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 2.287,81 € como indemnización por despedimento obxectivo non aboada.

– A Santiago Brandon Mejuto a cantidade de 5.347,58 € brutos, 4.594,84 € líquidos, polos salarios devindicados nos meses de decembro de 2011 (paga extra) e abril de 2012, a liquidación da relación laboral e falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 4.080,08 €, como indemnización por despedimento obxectivo non aboada.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial