Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8312

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (370/2001).

María Sandra Pérez López, como secretaria do Xulgado de Primera Instancia número 3 dos de Pontevedra, fago saber:

Que nos autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado baixo o número 370/2001, por instancia de Soinhema, S.L., contra Madeblas, S.L., Antonio Boullosa Portela, Ramón Crespo Figueroa, Hermida Carballal Diz, Dolores López Piedras, María Dolores Alén Rodríguez, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva, copiados literalmente, din:

«Sentenza 135/2012.

Procedemento: procedemento ordinario 370/2001.

Pontevedra, dous de outubro de dous mil doce.

Indalecio Conde González, maxistrado xuíz de primeira instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario 370/2001 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante Soinhema, S.L. coa procuradora Isabel Sanjuán Fernández e o letrado Carlos Rivas Teruelo, e doutra, como demandado, Madeblas, S.L., Antonio Boullosa Portela, Ramón Crespo Figueroa, Herminda Carballal Diz, Dolores López Piedras, María Dolores Alén Rodríguez co procurador Pedro Antonio López López e a letrada María del Carmen Araújo Paz, sobre outras materias, e,

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido:

Estimar parcialmente a demanda e a súa ampliación formuladas pola procuradora dos tribunais Isabel Sanjuán Fernández, en nome e representación Soinhema, S.L. contra a comunidade hereditaria de Ramón Crespo Figueroa, formada polos seus fillos José Ramón Crespo López, Margarita Crespo López e Manuel Crespo López, e Dolores López Piedras; contra María Dolores Alén Rodríguez e o seu esposo Antonio Boullosa Portela, e contra Herminda Carballal Diz, e estimar tamén parcialmente as reconvencións formuladas pola procuradora dos tribunais Isabel Sanjuán Fernández, en nome e representación de Soinhema, S.L. contra a comunidade hereditaria de Ramón Crespo Figueroa, formada polos seus fillos José Ramón Crespo López, Margarita Crespo López e Manuel Crespo López e Dolores López Piedras; contra María Dolores Alén Rodríguez e o seu esposo Antonio Boullosa Portela, e contra Herminda Carballal Diz e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a demandante e reconveniente Soinhema, S.L. é propietaria dos seguintes terreos:

1. Dúas dezaseteavas partes indivisas de: urbana. Un. Local situado na planta de soto do edificio sito en termos de Pedreiras, barrio de Gorgullón, concello de Pontevedra, cunha superficie útil de quiñentos setenta e nove metros con vinte decímetros cadrados. Está destinado a prazas de garaxe e ten o seu acceso, desde a rúa Prolongación da Virxe do Camiño, por un rampla descendente que discorre pola estrema norte do edificio. No seu interior está situado o departamento do depósito de auga e grupo de presión, e, ademais, os enclaves formados polos correspondentes ocos das escaleiras e do ascensor que baixan desde os portais do edificio. O conxunto linda: leste, subsolo da rúa Prolongación da Virxe do Camiño; sur, subsolo da rúa de nova apertura en proxecto; norte, José Freire; e oeste, Tarsila e María Dalida Vidal Fraguas e Jesús Cosme Moldes Monroy. No seu interior linda polos catro ventos, ademais, cos ocos de escaleiras que baixan desde o portal. Inscrita no libro 362 de Pontevedra, folio 91, terreo 30317, no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra.

Adquiridas da titular rexistral Madeblas, S.L. mediante escritura pública de compravenda do 22 de febreiro do ano 2000, outorgada en expediente de constrinximento administrativo, por instancia da Unidade de Recadación Executiva da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que causou a inscrición 21ª practicada con data do 22 de maio do ano 2000, co cal quedou inscrito o dominio de dúas dezaseteavas partes indivisas a nome de Soinhema, S.L.

As dúas dezaseteavas partes indivisas dan a Soinhema, S.L. o dereito a ocupar dúas prazas de garaxe, a número 4 e a número 12.

2. Unha novena parte indivisa de: urbana. Dous. Local situado na planta semisoto do edificio sito en termos de Pedreiras, barrio de Gorgullón, concello de Pontevedra, destinado a garaxe ou a fins comerciais, con acceso exterior –desde a rúa Prolongación da Virxe do Camiño–, pola mesma rampla descendente ao soto, que cara á metade do seu percorrido forma un ramal de acceso a esta planta. Ten unha superficie útil de catrocentos vinte e oito metros con oitenta e sete decímetros cadrados. Linda: leste, subsolo da rúa Prolongación Virxe do Camiño; norte, José Freire e rampla de acceso, e escaleiras de acceso á terraza situada detrás do local da planta baixa; oeste, as mesmas escaleiras e Tarsila e María Dalila Vidal Fraguas e Jesús Cosme Moldes Monroy; e sur, rúa de nova apertura en proxecto. No seu interior linda, ademais, cos ocos de escaleiras e ascensor que baixan desde o portal ata o soto, que forman os seus respectivos enclaves, e por onde ten acceso esta planta. Inscrita no libro 362 de Pontevedra, folio 98, terreo 30318 do Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra.

Adquirida da titular rexistral Madeblas, S.L. mediante escritura pública de compravenda do 22 de febreiro do ano 2000, outorgada en expediente de constrinximento administrativo, por instancia da Unidade de Recadación Executiva 36/01 da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que causou a inscrición 13ª, practicada con data do 22 de maio do ano 2000.

A novena parte indivisa dá a Soinhema, S.L. o dereito a ocupar a praza de garaxe número 25.

3. Dúas vinte e unhaavas partes indivisas de: urbana. Departamento número dous-bis. Local situado na planta semisoto, do edificio sito en termos de Pedreiras, barrio de Gorgullón, da cidade de Pontevedra, sinalado co número 52-54 da rúa Virxe do Camiño, situado no lateral sur do inmoble, destinado a fins comerciais, cunha superficie de cento cincuenta metros con trinta e tres decímetros cadrados. Linda: norte, departamento número dous; sur, rúa de nova apertura; leste, oco de ascensor e departamento número dous e local de Fenosa; e oeste, patio. Inscrita no libro 440 de Pontevedra, folio 216, terreo 37359 no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra

Adquirida da titular rexistral Madeblas, S.L. con outras dúas vinte e unhaavas partes máis do departamento dous bis, mediante escritura pública de compravenda do 22 de febreiro do ano 2000, outorgada en expediente de constrinximento administrativo, por instancia da Unidade de Recadación Executiva 36/01 da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que causou a inscrición 22ª practicada con data do 22 de maio do ano 2000, co cal quedou inscrito o dominio de catro vinte e unhaavas partes indivisas a nome de Soinhema, S.L.

Debo condenar e condeno os demandados e reconvidos a estaren e pasaren polo declarado e, en concreto, condeno os demandados comunidade hereditaria de Ramón Crespo Figueroa formada polos seus fillos José Ramón Crespo López, Margarita Crespo López e Manuel Crespo López e, ademais, a Dolores López Piedras a deixaren libre e expedita a praza de garaxe número 4; os demandados María Dolores Alén Rodríguez e o seu esposo Antonio Boullosa Portela a deixaren libre e expedita a praza de garaxe nº 12, e a demandada Herminda Carballal Diz a deixar libre e expedita a praza número 25.

Todo iso sen facer expresa imposición de custas.

Desestimo a reconvención formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación de Dolores Alén Rodríguez e o seu esposo Antonio Boullosa Portela contra Soinhema, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a reconvida sen facer expresa imposición de custas.

Desestimo a reconvención formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación de Herminda Carballal Diz contra Soinhema, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a reconvida sen facer expresa imposición de custas.

Desestimo a reconvención formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación da comunidade hereditaria de Ramón Crespo Figueroa, formada polos seus fillos José Ramón Crespo López, Margarita Crespo López e Manuel Crespo López e, ademais, Dolores López Piedras contra Soinhema, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a reconvida sen facer expresa imposición de custas.

Desestimo a demanda formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación da comunidade hereditaria de Ramón Crespo Figueroa, formada polos seus fillos José Ramón Crespo López, Margarita Crespo López e Manuel Crespo López e, ademais, Dolores López Piedras contra Soinhema, S.L. e que incoou xuízo ordinario nº 441/01, que se acumulou ao xuízo ordinario 370/01 e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a demandada sen facer expresa imposición de custas.

Desestimo a demanda formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación de Dolores Alén Rodríguez, contra Soinhema, S.L. e que incoou xuízo ordinario nº 514/01, que se acumulou ao xuízo ordinario 370/01, e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a demandada sen facer expresa imposición de custas.

Desestimo a demanda formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación de Herminda Carballal Diz, contra Madeblas, S.L., como consecuencia da apreciación de litisconsorcio pasivo necesario e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a demandada sen facer expresa imposición de custas.

Desestimo a demanda formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación da comunidade hereditaria de Ramón Crespo Figueroa, formada polos seus fillos José Ramón Crespo López, Margarita Crespo López e Manuel Crespo López e Dolores López Piedras, contra Madeblas, S.L., e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a demandada sen facer expresa imposición de custas.

Desestimo a demanda formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación de Dolores Alén Rodríguez, contra Madeblas, S.L., e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a demandada sen facer expresa imposición de custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se interporá por escrito ante este xulgado no termo de vinte días.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que conste e sirva de notificación en forma á entidade demandada Madeblas, S.L., en situación de rebeldía procesual e cuxo domicilio se descoñece, e para que se publique no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2013