Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8310

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4605/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4605/2010 de esta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Cogal Tres, C.B., Miguel Ángel Rivas Cruz e María Antonia Cruz Arias, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre outros dereitos da seguridade social, se ditou sentenza, coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a sentenza do 30 de xullo de 2010, dictada polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra Cogal Tres, C.B., María Antonia Cruz Arias, Miguel Rivas Cruz e as agora recorrentes, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cogal Tres, C.B., Miguel Ángel Rivas Cruz e María Antonia Cruz Arias, con último domicilio coñecido en Lugo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial