Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8308

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5611/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5611/2012-RF, seguido por instancia de José Luis Fernandes Rodrigues contra Cosman Fábrica de Muebles, S.L. (Estrada Nacional 525, km 243,7, Coles, Ourense), Enzo Protect, S.L., Enzo Contract, S.L., sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto por José Luis Fernandes Rodrigues contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ourense, do 6 de setembro de 2012, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Cosman Fábrica de Muebles, S.L., a entidade mercantil Enzo Proyect, S.L. e a entidade mercantil Enzo Contract, S.L., a sala revógaa e, con estimación parcial da demanda reitora de actuacións, resolvemos o contrato de traballo existente entre José Luis Fernandes Rodrigues e a entidade mercantil Cosman Fábrica de Muebles, S.L. e, en legal consecuencia, condenamos a esta a lle aboar a aquel a indemnización de 31.605 euros. Queda absolta a entidade mercantil Cosman Fábrica de Muebles, S.L. dos demais pedimentos da demanda reitora e de todos eles se absolve a entidade mercantil Enzo Proyect, S.L. e a entidade mercantil Enzo Contract, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese as partes en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Enzo Contract, S.L., con último domicilio coñecido na Estrada Nacional 525, km 243,7 de Gustei, Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial