Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8317

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO (80/2010).

Procedemento: procedemento ordinario 80/2010.

Sobre: outras materias.

De: María Concepción Rodríguez Vázquez.

Procuradora: María del Carmen Curras Calo.

Contra: José Antonio Remuiñán Rey, Seguros Caser, S.A.

Procuradora: Virginia Louro Piñeiro.

Neste xulgado séguense autos de xuízo ordinario co número 80/2010 por instancia de María Concepción Rodríguez Vázquez, representada pola procuradora Carmen Currás
Calo, contra José Antonio Remuiñán Rey, en rebeldía procesual, e contra Caser, S.A., representada pola procuradora Virginia Louro Piñeiro, nos cales se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Corcubión, 27 de febreiro de 2012.

Vistos por min, Iván Barallobre Sánchez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión e o seu partido xudicial, os presentes autos do xuízo ordinario seguidos co número 80/2010, sobre indemnización por danos por instancia de María Concepción Rodríguez Vázquez, representada pola procuradora Sra. Currás Calo e defendida polo letrado Sr. Silva Constenla, contra José Antonio Remuiñán Rey, en
situación procesual de rebeldía, e a entidade aseguradora Caja de Seguros Reunidos, S.A. (Caser), representada pola procuradora Sra. Louro Piñeiro e asistida pola letrada Sra. Spiegelberg Matos, ditouse a seguinte sentenza en nome da S.M. El-Rei.

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por María Concepción Rodríguez Vázquez, representada pola procuradora Sra. Currás Calo e defendida polo letrado Sr. Silva Constenla, contra José Antonio Remuiñán Rey, en situación procesual de rebeldía, e a entidade aseguradora Caja de Seguros Reunidos, S.A. (Caser), representada pola procuradora Sra. Louro Piñeiro e asistida pola letrada Sra. Spiegelberg Matos.

Debo condenar e condeno a José Antonio Remuiñán Rey e entidade aseguradora Compañía de Seguros La Estrella, S.A. a aboarlle á demandante a cantidade de 1.101,50 euros.

A cantidade a cuxo pagamento se condena a José Antonio Remuiñán Rey devindicará os xuros legais previstos no artigo 576 da LAC.

A cantidade a cuxo pagamento se condena á entidade aseguradora Caja de Seguros Reunidos, S.A. (Caser) devindicará os xuros do artigo 20 da Lei do contrato de seguro desde a data de interposición da demanda (ao solicitalo así a demandante no seu suplico) ata o seu completo pagamento.

Non se fai especial pronunciamento sobre as custas procesuais, deberá facer cada parte fronte ao pagamento das súas propias custas e as comúns serán por metade.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes, advertíndolles que esta non é firme, senón que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña. A interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro mazo de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño desta aos autos principais.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino». (Asinado).

E, para que sirva de notificación en legal forma ao demandado José Antonio Remuiñán Rey, en situación de rebeldía procesual, expido o presente para a súa fixación nos lugares legalmente establecidos.

Corcubión, 29 de febreiro de 2012

A secretaria xudicial