Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8157

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (455/12-CL).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial, do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de more uxorio seguido por instancia de Myriam José González Alonso fronte a Josué Emer Sánchez Vargas ten ditado sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 132.

En Vigo, 22 de febreiro de 2013

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 455/2012 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Myriam José González Alonso, representada polo procurador dos tribunais José Fernández González e con asistencia letrada de Miguel Rodríguez-Vila García contra Josué Emer Sánchez Vargas, declarado en rebeldía procesual, e no que interveu o ministerio fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido que na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Fernández González, en nome e representación de Myriam José González Alonso, como demandante, contra Josué Emer Sánchez Vargas, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese ao Sra. González Alonso, sendo a patria potestade compartida entre ambos os dous proxenitores.

Segundo. O Sr. Sánchez Vargas satisfará en concepto de alimentos a favor do seu fillo a cantidade de 130 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai e que será actualizada anualmente conforme a variación do Índice de Prezos ao Consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Terceiro. Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os que se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social, e que non comprenderán os libros e material escolar, matrículas, uniformes, comedor, transporte nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días dende a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LEC).

Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 3632 0000 00 0455 12 indicando, no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución recorrida co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Josué Emer Sánchez Vargas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 26 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial