Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8152

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2792/2010-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2792/2010-CON.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1109/2009 do Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrentes: Marta Vila Pérez, Begoña Almeida Ledo, María Flora Almeida Ledo, Sonia Lago González.

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta.

Recorridos: Fogasa, Metanor, S. Coop. Gallega.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2792/2010-CON desta sección, seguido por instancia de Marta Vila Pérez, Begoña Almeida Ledo, María Flora Almeida Ledo, Sonia Lago González contra a empresa Fogasa, Metanor, S. Coop. Gallega, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto por Begoña Almeida Ledo, Marta Vila Pérez, Sonia Lago González e Mª Flora Almeida Ledo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo con data 28.4.2010, debemos revogar e revogamos a dita resolución e con estimación da demanda inicial formulada polas recorrentes debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento das prestacións polo Fondo de Garantía Salarial na contía legalmente procedente, ao cal condenamos ao seu recoñecemento e aboamento.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Metanor, S. Coop. Gallega, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial