Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8150

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5807/2012 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5807/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 340/2012 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: Alfonso Garrido Ortega.

Avogada: Nuria González Lores.

Procuradora: Patricia Berea Ruiz.

Recorridos: Fogasa, Gargotrans, S.L., Contetrans, S.L.

Avogados: (…), (…), Marta Meno Rodríguez.

Procurador: (…), (…), José Manuel Lado Fernández.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5807/2012 CG, seguido por instancia de Alfonso Garrido Ortega contra a empresa Fogasa, Gargotrans, S.L., Contetrans, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou con data vinte e un de febreiro de dous mil trece sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Nuria González Lores, en nome e representación de Alfonso Garrido Ortega, contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, de data cinco de outubro de dous mil doce, ditada en autos número 340/2012, seguidos por instancia de Alfonso Garrido Ortega contra as empresas Contetrans Vigo, S.L. e Garcotrans, S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impuganada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Garcotrans, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Tomás Alonso, 183, 1º A de Vigo (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial