Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (989/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 989/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Osvaldo María Benítez Doldán contra Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando a demanda sobre despedimento interposta por Osvaldo María Benítez Doldán contra a empresa Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 24 de setembro de 2012 e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 2.010,25 euros, sen salarios de tramitación. Deberán poñer en coñecemento do xulgado no antedito prazo se optan ou non pola readmisión. En caso de que se opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que lle corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial dentro dos límites legais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que lle sirva de notificación en forma a Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 22 de febreiro de 2013

O secretario xudicial