Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (689/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 689/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Balseiro Lamelas contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L. (Arbitek), sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Alberto Balseiro Lamelas contra Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 2.308,64 euros, como indemnización (60 %) por despedimento obxectivo non aboada.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L. (Arbitex), en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial