Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (887/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 887/2012, por instancia de Estela Longueira Blanco contra Aibon Galicia, S.L, sobre despedimento e salarios, en que recaeu sentenza con data do 31 de xaneiro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Estela Longueira Blanco contra Aibon Galicia, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Aibon Galicia, S.L.

– Condénase a Aibon Galicia, S.L. a que, no prazo de cinco (5) días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 19.291,47 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo, en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 8.800,05 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 43,35 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Aibon Galicia, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado