Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (615/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 615/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Alberto Rebollido Chouza contra a empresa Cometa Barbanza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Luis Alberto Rebollido Chouza fronte a Cometa Barbanza, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno o demandado Cometa Barbanza, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.361,44 euros, en concepto que consta no corpo da sentenza, con responsabilidade do Fogasa nos supostos e dentro dos límites legais.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cometa Barbanza, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial