Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7672

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (398/2011).

A Estrada, 13 de novembro de 2012.

En nome do rei de España, vistos por Úrsula Leobalde Estapá, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Estrada, os autos de xuízo de divorcio tramitados neste xulgado co nº 398/2011, promovidos pola procuradora Cayetana Marín Couceiro en nome e representación de Manuel Rama Rivas asistido polo letrado Sr. Fernández Novoa en substitución do seu compañeiro José Cao García, contra Sandra Patricia González Giraldo, sen intervención do Ministerio fiscal, dita:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A representación da parte demandante formulou demanda, conforme as prescricións legais, contra a demandada que se expresa no encabezamento desta resolución, que por quenda de repartición correspondeu a este xulgado, na cal alegados os feitos e fundamentos de dereitos que considerou oportunos se solicitou que, previos os trámites legais, se ditase sentenza pola que estimando a demanda na súa totalidade se decretase o divorcio dos cónxuxes con imposición de custas se se opuxer.

Segundo. Admitida a trámite a demanda procedeuse conforme a Lei de axuizamento civil, dando traslado dela á demandada e emprazándoa por medio de edicto xa que se descoñecía o seu domicilio ou residencia habitual, substanciándose o preito polos trámites de xuízo verbal, coas especialidades previstas no artigo 753 da Lei de axuizamento civil.

Con data do 14 de setembro de 2012 acordouse a rebeldía da demandada.

Terceiro. Celebrada a vista pública no día e hora sinalados, a parte demandante ratificouse nos seus pedimentos, solicitando que tras o recibimento do preito a proba se ditase sentenza conforme o suplico da demanda, polo que recibido o preito a proba e practicada a proposta e admitida que consta en autos, quedaron os autos conclusos para ditar sentenza.

Cuarto. Na tramitación das presentes actuacións observáronse e cumpríronse as prescricións legais vixentes.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A demanda de divorcio formulada por Manuel Rama Rivas contra Sandra Patricia González Giraldo, ten o seu fundamento no artigo 86 do Código civil, en que se establece que se decretará o divorcio, calquera que sexa a forma do matrimonio por pedimento dun dos cónxuxes ou de ambos os dous, ou un co consentimento do outro cando concorran os requisitos e circunstancias do artigo 81 do Código civil.

Segundo. No presente caso, e tendo en conta que desde que se celebrou o matrimonio o 20 de novembro de 2010 transcorreron máis de tres meses, procede declaralo disolto por divorcio.

Terceiro. Ao non existir fillos menores no matrimonio, non é necesario pronunciamento sobre este aspecto.

Cuarto. Tendo en conta a natureza do procedemento non procede efectuar condena en custas.

Vistos os artigos citados e demais de pertinente aplicación,

Decido.

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Cayetana Marín Couceiro en nome e representación de Manuel Rama Rivas contra Sandra Patricia González Giraldo, debo declarar disolto por divorcio o matrimonio celebrado entre ambos, sen expresa imposición das custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución, logo de consignación da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.