Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7674

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (248/2012).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial por substitución do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria, fago saber que nos autos de divorcio contencioso 248/2012, seguidos neste xulgado por instancia da procuradora señora López Vila, en nome e representación de María Asunción López Fernández, contra David Sangiao Domínguez, en estado procesual de rebeldía, e contra o Ministerio Fiscal, consta sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte.

Sentenza.

Sarria, 3 de decembro de 2012.

En nome do rei de España, vistos por Cristina Díaz Rodríguez, xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, os autos de xuízo de divorcio, tramitados ante este xulgado co número 248/2012, promovidos pola procuradora Ana María López Vila, en nome e representación de María Asunción López Fernández, dita a seguinte resolución:

Que, estimando a demanda interposta pola procuradora Ana María López Vila, en nome e representación de María Asunción López Fernández, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio celebrado por María Asunción López Fernández e David Sangiao Domínguez o día 22 de setembro de 1999, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas, e aprobando as medidas contidas na demanda.

Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no Rexistro Civil.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en forma a David Sangiao Domínguez, expido e asino este edicto.

Sarria, 20 de febreiro de 2013