Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7675

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (126/2010).

Que neste Xulgado do Social número 1 se tramita execución de títulos xudiciais 126/2010, por instancia de Osvaldo Santos Crudo contra Transportes Ferreiro Ramos, S.L., con domicilio na rúa Pintor Laxeiro, número 5, 4º C de Lugo, en que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa o vehículo matrícula R2265BCF. Sinálase para que teña lugar o vindeiro día 30 de abril de 2013, ás 10.30 horas, coas condicións seguintes:

Primeiro. Para tomaren parte na poxa, os licitadores, agás o executante, deberán presentar xustificante que acredite que depositaron na conta de depósitos e consignacións deste tribunal, ou de que prestaron aval bancario, polo 20 por cento do valor de taxación dos bens obxecto de poxa, facendo constar, de ser o caso, se o fan en nome dun terceiro.

Segundo. Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente.

Terceiro. Que se poderán facer ofertas superiores ao 50 por cento da valoración, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarto. Que non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non supera o 50 por cento do valor da taxación ou se, sendo inferior, non cobre, polo menos, a cantidade pola cal se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinto. Que unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando para si a facultade de lle ceder o remate a un terceiro, e tomar parte na poxa só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixeren.

Sexto. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, na súa falta, os responsables legais solidarios ou subsidiarios, terán o dereito a se adxudicar o ben polo 30 por cento da súa valoración.

Sétimo. Para o suposto de que a notificación do sinalamento ao executado resulte negativa por se encontrar en ignorado paradoiro, sirve esta edicto de notificación.

Ben que se saca a poxa:

Vehículo matrícula R2265BCF, semirremolque caixa, marca Samro, modelo ST02, número de bastidor VK1SR334DC1W0272. Valorado en 10.000 euros.

Está depositado na Estación de Servicio de Guntín, S.L., con domicilio na estrada Lugo-Santiago, s/n, 27011 Guntín, Lugo.

Lugo, 18 de febreiro de 2013

O secretario xudicial