Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7677

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (942/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 942/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Fontal Busto contra Erasmo Pérez González sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Yolanda Fontal Busto contra a empresa Erasmo Pérez González, debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos do 15 de setembro de 2012 e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento ou o aboamento dunha indemnización equivalente a 511,83 euros e, no caso de readmisión, a lle aboar á traballadora os salarios de tramitación en contía de 31,02 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización, enténdese que procede a primeira. Condénase a empresa demandada ao aboamento das custas procesuais e absólvese o Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que lle poida corresponder nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por medio deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito, e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Erasmo Pérez González, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 20 de febreiro de 2013

O secretario xudicial