Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7678

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (107/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 107/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Rubén Vázquez Suárez contra Esabe Vigilancia, S.A. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por José Rubén Vázquez Súarez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 243 euros, máis os xuros de mora, así como ao aboamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e comuníqueselles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 20 de febreiro de 2013

O secretario xudicial