Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7679

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (818/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento 818/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza 915/2012.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 818/2012, en que foi demandante Gumersindo Díaz Gallego, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa Industrias Caamaño, S.L.U. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Gumersindo Díaz Gallego contra a empresa Industrias Caamaño, S.L.U. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato laboral do demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, así como ao aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 9.490,19 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 53,01 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento ao traballador da cantidade de 27.989,28 euros, en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Industrias Caamaño, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial