Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1047/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Mónica Uzal Sueiro contra Metálicas Soutelo, S.L., Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 1047/2012, se acordou citar a Metálicas Soutelo, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 2, situado na r/ Monforte, s/n, Edificio Xulgados, o día 4.2.2013 ás 11.30 horas, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Metálicas Soutelo, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial