Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7670

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (901/2011).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que nos autos de referencia se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Vigo, 30 de xaneiro de 2013.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 901/2011 se seguen por instancia de Santander Consumer EFC, S.A., representada pola procuradora María Dolores Cobas González e dirixida polo letrado Luis Sanjiao García, contra Alejandro Almón Marcuño, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de financiamento dunha compravenda de bens mobles a prazos.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda interposta por Santander Consumer EFC, S.A. contra Alejandro Almón Marcuño, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1. Condeno a Alejandro Almón Marcuño a aboarlle á entidade demandante a cantidade de 29.814,82 euros, correspondentes aos aprazamentos vencidos e á cantidade aprazada pendente de vencemento que lle debe. A devandita cantidade reportará, en concepto de indemnización pola demora, e ata o seu efectivo pagamento, uns xuros do 2 % mensual, contados desde a data en que se produciron os respectivos vencementos.

2. Condeno a Alejandro Almón Marcuño a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Alejandro Almón Marcuño e para que sirva de notificación a este, expídese o presente.

Vigo, 1 de febreiro de 2013

O secretario xudicial