Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7669

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (862/2010-B).

María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, mediante este anuncio:

No presente procedemento ordinario número 862/10-B seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a María José García Gómez e Pablo Enrique García Gómez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Vigo, 25 de febreiro de 2011

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 862/2010, promovidos por Santander Consurmer EFC, S.A., representada pola procuradora Sra. Cobas González e asistida do letrado Sr. Sanjiao García, contra María José García Gómez e Pablo Enrique García Gómez, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo estimar integramente a demanda promovida pola representación de Santander Consumer Ere, S.A. contra María José García Gómez e Pablo Enrique García Gómez, debo condenar e condeno os demandados a aboar á demandante a cantidade de 14.579,21 euros en concepto de principal e xuros de demora percibidos sobre recibos vencidos e impagados ata a data de certificación de débeda (11.6.2010), máis xuros moratorios ao tipo pactado desde esa data ata o completo pagamento, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes».

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

E encontrándose os devanditos demandados, María José García Gómez e Pablo Enrique García Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 25 de novembro de 2011

A secretaria xudicial