Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7667

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1146/2010).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1146/2010-PM ás que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 745/2006, do Xulgado do Social número 3 da Coruña, promovidos por Jesús Miranda Iglesias contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SGL Carbón, S.A., Papelera Guipuzcoana Zicuñaga, Oxigalicia, S.A., mutua universal Mugenat, Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, mutua de accidentes de traballo Fraternidad-Muprespa, Raimogasa, sobre accidente, con data do 11 de febreiro de 2013 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo demandante Jesús Miranda Iglesias contra a sentenza ditada o 27 de novembro de 2009 polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, en autos 745/2006, seguidos por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Mutua Fraternidad, Mutua Mugenat, Mutua Asepeyo e as empresas Papelería Zicuñaga, SGL Carbón, S.A., Raimogasa e Oxigalicia, resolución que se mantén integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese as partes en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Oxigalicia, S.A., Raimogasa, con último domicilio coñecido na Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de febreiro de 2013

O secretario xudicial