Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7665

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante neste consello.

Por Resolución do 21 de xaneiro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 22, do 31 de xaneiro, publicouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante neste consello que se detalla no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, este consello

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Resolución deste consello do 21 de xaneiro de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e nas bases da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data de alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, de seguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Juan Carlos Porrúa Pardal.

NRP: 3543706013 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Datos do posto de traballo:

Denominación: xefe do Servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación.

Código de posto: CCG 031.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.