Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7664

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Orde do 18 de febreiro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Advertido erro na Orde do 18 de febreiro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 47, do 7 de marzo, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 6904, no anexo I, onde di: «Centro directivo: xefatura territorial», debe dicir: «Centro directivo: Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense».