Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (674/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 674/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés Iglesias Carpente contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución se xunta:

Fallo.

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Andrés Iglesias Carpente, que comparece asistido do letrado Sr. Pousa Meréns, contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, declarando a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

A opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen se optar, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 10.922,16 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a presente sentenza, calculados a razón de 45,61 euros/ día.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial