Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7532

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (391/2012).

Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifica que no rolo de apelación 391/2012, interposto por Juan Videira Domínguez, fronte ao Consorcio de Compensación de Seguros e a Jorge Fernández Golpe se ditou sentenza co teor literal seguinte:

«A Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, constituída en tribunal unipersoal polo maxistrado Jaime Esain Manresa, pronunciou, en nome do Rei, a seguinte sentenza:

Sentenza nº: 6/2013.

En Pontevedra, 16 de xaneiro de 2013.

Visto en grao de apelación perante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de xuízo verbal 977/2010, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, aos que correspondeu o rolo de recurso de apelación-E (LECN) 391/2012, nos que aparece como parte apelante Juan Videira Domínguez, representado pola procuradora dos tribunais Lourdes Martínez Cabrera, asistida pola letrada María Dolores Bedate Ruíz-Zorrilla, e como parte apelada, Consorcio de Compensación de Seguros, asistido polo avogado do Estado e Jorge Fernández Golpe.

(Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos xurídicos).

Decido que:

Desestimo o recurso de apelación interposto pola representación de Juan Videira Domínguez contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, nos autos de xuízo verbal nº 977/2010, a que confirmo integramente con imposición das custas da alzada á parte recorrente.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas na forma establecida no artigo 248.4 da LOPX.

Esta sentenza non é firme e contra ela poderán as partes lexitimadas optar por interpoñer o recurso extraordinario por infracción procesual ou o recurso de casación perante a sala primeira do Tribunal Supremo, no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme dispoñen os artigos 466 e ss e a disposición derradeira 16ª LAC/00.

Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, agás que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta ou ministerio fiscal ou Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Firme esta resolución, expídase testemuño dela e remítase xunto cos autos, ao xulgado de procedencia, tomándose as oportunas notas nos libros de rexistro desta sección.

Así, por esta sentenza, da que se unirá certificación ao rolo de sala, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Atopándose o apelado Jorge Fernández Golpe, en paradoiro descoñecido, expídase o presente a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2013

O secretario xudicial