Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7530

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2206/2010).

Secretario: Sr. Gamero FF.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 2206/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 663/2008 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: Héctor Álvarez Pintos.

Avogado: Pablo Campos Regueiro.

Recorridos: Servicio Público de Empleo Estatal, Responlabor ETT, S.L.

Edicto.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación número 2206/2010-FF desta sección, seguido por instancia de Héctor Álvarez Pintos contra a empresa o Servizo Público de Emprego Estatal e Responlabor ETT, S.L., sobre desemprego, se ditou a sentenza, coa seguinte parte dispositiva:

«Fallamos: desestimando o recurso de suplicación interposto por Héctor Álvarez Pintos contra a sentenza do 25 de xaneiro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, en autos seguidos por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional de Emprego e a entidade mercantil Responlabor ETT, Sociedad Limitada, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, para que lle sirva de notificación en forma a Responlabor ETT, S.L., con último domicilio coñecido na provincia da Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2013

O secretario xudicial