Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1128/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1128/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Pérez Martínez contra o Fondo de Garantía Salarial e a empresa Bárbara S. Kearney Vidueiros, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

1. Que estimando a demanda formulada por Dolores Pérez Martínez contra a empresa Bárbara S. Kearney Vidueiros, condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.617,22 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

2. O Fogasa deberase ater a esta sentenza nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Bárbara S. Kearney Vidueiros, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de febreiro de 2013

O secretario xudicial