Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7537

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (278/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 278/2011, por instancia de Marian Irima contra a empresa Andrews da Cruz Bracher sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 7 de febreiro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase a demanda interposta por Marian Irima contra Andrews da Cruz Bracher e, en consecuencia:

– Condénase a Andrews da Cruz Bracher a aboar á demandante a cantidade de mil douscentos trinta e oito euros con corenta e seis céntimos de euro (1.238,46 euros), incrementada co xuro moratorio do 10 % aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Andrews da Cruz Bracher, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado