Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7538

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (670/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 670/2012, por instancia de Laura Victoria Silva Martínez contra Vidrio Galicia, S.L., Damián Lucio Juan (administrador concursal), Constantino Rodríguez González (administrador concursal), Nogui Outeiro Orense, S.L., María Jacinta Sánchez Rodríguez e Fogasa, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 17 de decembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímanse parcialmente as demandas interpostas por Laura Victoria Silva Martínez contra Vidrio Galicia, S.L., os seus administradores concursais Damián Lucio Juan e Constantino Rodríguez González, a empresa Nogui Outeiro Orense, S.L. e María Jacinta Sánchez Rodríguez e, en consecuencia:

– Declárase a inexistencia do despedimento.

– Declárase extinguida, con data desta resolución, a relación laboral que unía a demandante coa empresa Nogui Outeiro Orense, S.L.

– Absólvese a Vidrio Galicia, S.L., os seus administradores concursais Damián Lucio Juan e Constantino Rodríguez González e a María Jacinta Sánchez Rodríguez, das pretensións exercidas contra eles.

– Condénase a Nogui Outeiro Orense, S.L. a lle aboar á demandante as seguintes cantidades:

• 21.949,37 euros en concepto de indemnización.

• 3.830,93 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Nogui Outeiro Orense, S.L. e María Jacinta Sánchez Rodríguez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado