Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (192/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 192/2011, por instancia de José Francisco Arias Buján contra Esabe Vigilancia, S.A. sobre cantidade, nos que recaeu sentenza con data 24 de xaneiro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase a demanda interposta por José Francisco Arias Buján contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia:

– Condénase a Esabe Vigilancia, S.A. a aboar a José Francisco Arias Buján a cantidade de oitocentos setenta e catro euros (874) euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado