Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7541

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (423/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento 423/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Margarita Castro Bustelo, contra o INSS, a TXSS e José Luis Pereiras Iglesias, sobre cantidade, se ditou a seguinte cuxa parte dispositiva se achega:

«Estimar a demanda interposta por Margarita Castro Bustelo contra a mercantil José Luis Pereiras Iglesias, o INSS e a TXSS, condenando a citada mercantil, en canto obrigada principal, a lle aboar á demandante a cantidade de 674,87 euros, mais o xuro do 10 % desa suma por demora, declarando a responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS na dita obriga de pagamento, logo de declaración formal da insolvencia da debedora principal José Luis Pereiras Iglesias.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar que ingresou na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 300 euros en concepto de depósito. Sen este requisito non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a José Luis Pereiras Iglesias, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

A secretaria xudicial