Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7525

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4110/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4110/2010 RF desta sala, seguido por instancia de Manuel García Entenza contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pesquera Jaquetón, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Instituto Social da Mariña, sobre outros dereitos da seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Mercedes Buján Guntín, en nome e representación de Manuel García Entenza contra a sentenza do 29 de xuño de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, en autos 539/2009, seguidos pola parte recorrente fronte aos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Pesquera Jaquetón, S.L., sobre revisión de grao de invalidez, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Pesquera Jaquetón, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial