Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7527

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5817/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5817/2012 CG, seguido por instancia de Sonia Rodríguez Castro contra Fogasa, Contabia Asesores y Consultores, S.R.L., Jorge Nieto Carballo, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos que, desestimamos o recurso de suplicación interposto por Sonia Rodríguez Castro contra a sentenza do 8 de outubro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos 344/2012, seguidos por instancia da recorrente contra a empresa Contabia Asesores y Consultores, S.R.L., sobre despedimento, polo que debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Contabia Asesores y Consultores, S.R.L. e Jorge Nieto Carballo, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Lamelas nº 5 de Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial