Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6930

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1084/2012).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1084/2012.

Demandante: David Moinelo García.

Avogado: Carlos Jaime López Pardo.

Demandados: Vida Ascensores e Fogasa.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1084/2012 deste xulgado do xocial, seguido por instancia de David Moinelo García contra a empresa Vida Ascensores, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1084/2012.

Na cidade da Coruña, 14 de febreiro de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante David Moinelo García, que comparece asistido do letrado Carlos Jaime López Pardo, e doutra como demandados Vida Ascensores, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen.

En nome do rei.

Ditou a seguinte:

Sentenza 112/13.

Decisión:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por David Moinelo García fronte á empresa Vida Ascensores, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación qu deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no punto anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 5.490,24 € (cinco mil catrocentos noventa euros con vinte e catro céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 49,02 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 7.549,08 €.

3. A empresa deberá aboar, así mesmo, ao traballador a cantidade de 1.315,85 € como salarios debidos, incrementados cos xuros do artigo 29.3 do ET.

4. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.1084.12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1084.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa Vida Ascensores, S.L., expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

O secretario xudicial