Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1150/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 1150/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Gloria Martín España contra a empresa Limpiezas y Mantenimientos José Luis, S.L. e Fogasa, sobre mov. xeog. e funcional, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre modificación substancial das condicións de traballo 1150/2012, sendo demandante Ana Gloria Martín España, asistida polo letrado Sr. Pérez López, e demandada a empresa Limpiezas y Mantenimientos José Luis, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Ana Gloria Martín España contra a empresa Limpiezas y Mantenimientos José Luis, S.L., e, en consecuencia, declaro nula a decisión, adoptada desde a empresa, de modificación substancial das condicións de traballo da demandante e condeno a empresa Limpiezas y Mantenimientos José Luis, S.L. á reposición inmediata de Ana Gloria Martín España nas súas anteriores condicións de traballo.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Limpiezas y Mantenimientos José Luis, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial