Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6935

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (611/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 611/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Fernández Rodríguez e Álvaro Costa Pombo contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 10 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 611/2012, sendo demandantes Felipe Fernández Rodríguez e Álvaro Costa Pombo, asistido, o primeiro, e representado, o segundo, pola letrada Sra. Rodríguez Viéitez, e demandada a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., así como a administración concursal da empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., coa representación de Jesús Dosio López, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Felipe Fernández Rodríguez e Álvaro Costa Pombo contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., así como contra a administración concursal da empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato de Felipe Fernández Rodríguez e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral, con aboamento a este da cantidade de 6.170,07 euros, en concepto de indemnización, e ao aboamento da cantidade de 4.728 euros, en concepto de salarios debidos e demais conceptos retributivos debidos.

Do mesmo xeito, declaro improcedente a extinción do contrato de Álvaro Costa Pombo e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral, con aboamento a este da cantidade de 2.559,6 euros, en concepto de indemnización, e ao aboamento da cantidade de 4.240,10 euros, en concepto de salarios debidos e demais conceptos retributivos debidos.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino. Ana Rodríguez Piorno, asinado.

Publicada no día da súa data.

Así mesmo, ditouse con data 6.2.2013 o seguinte:

Auto.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013.

Antecedentes de feito.

Único. O pasado día 10 de decembro de 2012 ditouse sentenza no presente procedemento.

Despois de ser presentado neste xulgado o día 3 de xaneiro do ano en curso, por parte da representación de Felipe Fernández Rodríguez e de Álvaro Costa Pombo, escrito en que se interesaba a aclaración da decisión da resolución de referencia, cómpre acceder ao formulado.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 10 de decembro de 2012 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que no feito probado terceiro da referida sentenza se faga constar, ao final, o seguinte:

A cantidade debida a Felipe Fernández Rodríguez desagrégase do seguinte xeito:

– Comidas: 683 euros.

– 25 % do mes de xaneiro e anticipo paga: 308,53 euros.

– Mensualidade febreiro e anticipo paga: 1.256,12 euros.

– Mensualidade marzo e anticipo paga: 1.242,73 euros.

– Liquidación: 1.238,56 euros.

Total (importe neto): 4.728,94 euros.

A cantidade debida a Álvaro Costa Pombo desagrégase do seguinte xeito:

– Comidas: 642,28 euros.

– 25% do mes de xaneiro e anticipo paga: 313,26 euros.

– Mensualidade febreiro e anticipo paga: 1.216,87 euros.

– Mensualidade marzo e anticipo paga: 763,82 euros.

– Liquidación: 1.303,87 euros.

Total (importe neto): 4.240,10 euros.

Do mesmo xeito, que na decsión se faga constar, ao final, “...cantidades, estas, que deberán incrementarse co xuro de mora do 10 %, ben que, única e exclusivamente, respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial, e iso con mantemento inalterado do resto do seu contido”.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Rehabilitaciones Hércules, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial