Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6939

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (400/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 400/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Concepción Sánchez Couceiro contra a empresa Gestión Comercializadora Urbanística, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre resolución de contrato 400/2012, sendo demandante José Concepción Sánchez Couceiro, asistida polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa Gestión Comercializadora Urbanística, S.L. (Gestur, S.L.).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Concepción Sánchez Couceiro contra a empresa Gestión Comercializadora Urbanística, S.L. (Gestur, S.L.) e, en consecuencia, declaro, con efectos da data da presente sentenza, a resolución da relación laboral existente entre a traballadora e a empresa, como consecuencia do incumprimento contractual do empresario, e condeno a empresa demandada a aboarlle a Concepción Sánchez Couceiro a suma de 39.102,44 euros, en concepto de indemnización, así como a cantidade de 6.045 euros, en concepto de salarios e demais conceptos retributivos debidos, cantidade, esta última, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10 % respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Gestión Comercializadora Urbanística, S.L. (Gescur, S.L.), expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial