Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se somete a información pública a solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello de Ares.

O Concello de Ares (A Coruña) presentou o 26 de marzo de 2012 unha solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica.

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, a través da Subdirección Xeral de Planificación e Xestión do Espectro Radioeléctrico da Dirección Xeral de Telecomunicacións, resolveu con data do 1 de outubro de 2012 acordar a reserva provisional de frecuencia a favor deste municipio, unha vez que se indicou a súa viabilidade técnica e se cumpriron os requisitos exixidos no artigo 4.b) e c) do Real decreto 1273/1992, do 23 de outubro, polo que se regula o outorgamento de concesións e a asignación de frecuencias para a explotación do servizo público de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia polas corporacións locais.

Segundo o artigo 26 do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, que desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, previamente ao outorgamento da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais, é necesario avaliar se o novo servizo se axusta á misión de servizo público e se altera a competencia no mercado audiovisual, co obxecto de que o resto dos prestadores do servizo de comunicación audiovisual radiofónica, do mesmo ámbito de cobertura, formulen as alegacións que consideren convenientes.

Por todo o anterior, e de acordo co antedito artigo 26.1 do Decreto 102/2012, así como co artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

RESOLVO:

Someter ao trámite de información pública por un período de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a solicitude do Concello de Ares (A Coruña) dunha licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica coas seguintes características:

Concello

Ares

FMhz (frecuencia de emisión en megahercios)

107,5

Lonxitude

8W1438

Latitude

43N2534

Cota (en metros, do centro emisor)

1

HEFM (altura efectiva máxima da antena en metros)

37,5

PRAW (potencia radiada aparente total máxima en vatios, suma das potencias radiadas máximas en cada plano de polarización)

0,025

P (polarización da emisión)

Mixta

D (característica de radiación)

Non directiva

Os prestadores do servizo de comunicación audiovisual do mesmo ámbito de cobertura que se consideren afectados poderán presentar as súas alegacións nesta secretaría xeral, rúa do Hórreo, 61, 15701 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar a citada solicitude.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios