Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (636/2009).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 636/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Damir Aronov contra a empresa Servintegral, S.C. e o Instituto Nacional de Emprego, sobre seguridade social, ditouse a seguinte sentenza:

Decido que desestimo a demanda formulada neste proceso por Damir Aronov fronte ao INEM-SPEE e fronte a Servintegral, S.C., e absolvo estes demandados da pretensión deducida na súa contra.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.0636.09 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0636.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz substituto que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servintegral, S.C., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2013

O secretario xudicial